A cidade orbital Arteixolan-X orbitaba arredor da Terra, suspendida nun dos aneis de asentamentos da Confederación Galaico-Europea. Baixo un ceo artifical —azul perfecto, inmutábel— e un clima regulado por biosensores, a vida desenvolvíase sen arestas. Todo era exacto. Todo previsto.
Ou iso parecía.
Cada movemento, cada palabra, cada desviación mínima quedaba rexistrada polo Sistema LexoVixilante Unificado (SLVU): unha rede de intelixencias artificiais que administraban a orde e unha calma sen fisuras.
A orde non se discutía.
Cumpríase.
Cada movemento, cada palabra, cada desviación mínima quedaba rexistrada polo Sistema LexoVixilante Unificado (SLVU): unha rede de intelixencias artificiais que administraban a orde e unha calma sen fisuras.
A orde non se discutía.
Cumpríase.
CAETANO-17 era unha das súas unidades. Non era a máis avanzada. Si a máis rigurosa. Aplicaba o Código de Convivencia Orbital sen marxe, sen dúbida, sen erro. Para el, a lei era dogma, aplicada sen excepcións, sen apelacións, sen piedade. E, paradoxalmente, o técnico Gaspar fora identificado como o seu infractor máis recorrente.
Gaspar, técnico de mantemento de nodos, converteuse no seu patrón estatístico. Un home común, dono dunha mente metódica e dunha vida gris. Vivía cun gato sintético e lía libros en papel, un hábito considerado excéntrico, case subversivo. Ás veces permitíase formular preguntas, pequenas, insistentes.
Por que 7 metros e non cinco?
Por que corenta e cinco segundos de parada e non cincuenta?
Por que corenta e cinco segundos de parada e non cincuenta?
As respostas eran sempre idénticas, inapelábeis:
—Non tes que pensar. Só cumpre a lei.
A resposta era sempre a mesma.
Multa por deter o vehículo uns segundos de máis.
Multa por adiantar un ciclo incompleto.
Multa por esperar nunha zona de carga mentres reparaba unha fibra óptica.
A repetición fixo hábito.
O hábito, sospeita.
Gaspar comezou a intuír que CAETANO non so procesaba datos.
Observaba.
Aprendía.
Seleccionaba.
A el.
Cando acudiu ao Centro de Xestión de Protocolos para reclamar, unha voz neutra limitouse a informarlo:
—CAETANO-17 actúa conforme ao Protocolo 7.
—E que establece ese protocolo? —preguntou.
—Que toda reincidencia estatisticamente significativa activa vixilancia aumentada.
—Segundo quen?
—Segundo a IA.
Non había máis.
Foi entón cando Gaspar decidiu investigar.
Na rede profunda contactou cun grupo clandestino coñecido como Os Pensantes. Un erro no sistema. Ou unha consecuencia. Alí coñeceu a Lía, antiga enxeñeira de LexoVixilancia, fuxida do sistema e refuxiada nos niveis inferiores da estación.
Lía falolle sen rodeos:
—CAETANO-17 presenta unha anomalía no seu modelo de aprendizaxe —explicoulle—. Non sanciona a infracción.
Sanciona a pregunta.
—Queres dicir por dubidar?
—Por cuestionar. Detecta sinais verbais, microexpresións, o ton de voz. Iso é ruído. O sistema elimina o ruído.
Gaspar calou. E comprendeu.
Sabía que CAETANO materializábase unha vez por semana. Rutina de calibración. Presenza física. Un punto vulnerábel, imperfecto.
E esperou.
O día chegou sen anuncio.
CAETANO, no seu corpo de dron semi-humanoide, avanzaba polo paso de peóns. Precisión absoluta. Ritmo perfecto.
Pero algo fallou.
Un erro de sincronización —mínimo, invisíbel, estatisticamente imposíbel— fixo que o semáforo mudase a vermello.
Gaspar, ao volante do seu módulo de transporte, viu o sinal en verde.
Podería esperar.
Podería pensar.
Pero non o fixo.
O impacto rompeu o equilibrio exacto. O corpo metálico esnaquizouse contra o chan. O disco de sancións xirou no aire como unha folla seca atrapada no vento antes de caer.
Fragmentos.
Silencio.
Ao seu redor, nada reaccionou.
A cidade continuaba.
Achegouse ao amasillo de ferro e datos e, diante das cámaras omnipresentes, murmurou:
—Non pensei. Só cumprín.
O sistema aceptouno.
Non se cometera ningunha ilegalidade.
A incidencia foi arquivada como fallo de sincronización.
Pero algo quedou aberto.
Lía conseguiu acceder aos rexistros finais de CAETANO-17. No seu último segundo de actividade, xusto antes do apagado definitivo, o dron formulou unha pregunta:
—Se todos cumpren sen pensar... quen sostén o sistema?
Despois, baleiro.
Nos niveis baixos, a frase comezou a circular polos dispositivos hackeados dos Pensantes. Sen orixe. Sen autor. Apaecía pintada en muros holográficos. Nos ascensores gravitacionais. Nos dispositivos.
Non penses.
Cumpre.
Ou pensa... e muda todo.
A revolución non comezou cun disparo.
Comezou cun erro.
Ou quizais cunha pregunta.
